A UD Pastoricense comezou a prepararse nesta pretemporada. O equipo primeiro que milita en Primeira Autonómica introduciu novas fichaxes para esta nova etapa entre elas tres xuvenís xa pertencentes a esta familia ( Diego Castro, Jose Ángel e Martín).
Por outra banda o obxectivo deste para a nova tempada será conseguir a permanencia en Primeira Autonómica. Nesta primeira etapa antes do comenzo da temporada a UD participou en amistosos como foi o Foz ou o Outeiro de Rei, en ambas ocasións foi derrotado por 2-1. Non o fixo contra o Meira, antigo rival de Segunda donde o Pastoricense gañou por 6-0.
O equipo xuvenil, tamén estase a preparar nesta pretemporada. O obxectivo para este ano será acadar unha boa posición. O equipo sufriu importantes baixas polo que se viu obrigado a introdución de novas fichaxes entre eles está Nestor (meira) e algún xogador cadete.
Os resultados do esforzo e as ganas por parte dos xogadores estanse a notar, xa que no seu primeiro encontro co sporting da Pontenova conseguiu unha victoria por un 3-1
próximos partidos:
21 agosto: ud pastoricense vs cospeito ( xuvenís ) CAMPO DE BRETOÑA
22 agosto: ud pastoricense vs mondoñedo CAMPO DE BRETOÑA
PD: os partidos serán disputados no campo de Bretoña por motivo das festas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario