Despois duns cantos meses sen actualizar, volvemos para informar de algunha que outra nova, que xa moitos de vós supoñemos que sabedes.
A tempada 2009/10 foi unha etapa moi especial para a familia UD Pastoricense xa que xurdiron diversas cousas que fixo inesquecible esta tempada pasada. Foron moitos os momentos vividos durante estes meses, uns mellores outros peores. Pero podemos decir que foi un bo ano para a UD.
O equipo principal que se encontraba na 2ª Autonomica , logrou o ascenso a 1ª Autonomica e o equipo xuvenil acadou un 4º posto na liga no seu segundo ano de competición.
A UD Pastoricense xa esta a traballar na tempada 2010/2011. Nela Fiz, antigo adestrador do primeiro equipo e do equipo xuvenil, encargarase esta próxima tempada do equipo de afeccionados, mentres que o equipo xuvenil sera posto en mans de Raúl.
Non moi informados dos novos fichaxes despedimonos.
un saúdo da UD Pastoricense
PD: seguiremos informando das novas fichaxes así como outro tipo de eventos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario