Os xuvenís do pastoricense volven o camiño das victorias, despois da derrota sufrida contra o líder da categoría.
Esta pasada xornada disputouse no estadio do Acebreiro un bo derbi etre Pastoricense e Pol donde se rexistrou unha boa entrada. Os locais conseguiron unha merecedora victoria.
Comezaron os primeiros 45 min e ambos equipos mostraban un xogo moi igualado. Os primeiros en poñerse por diante foron os do pol que conseguiro anotar o primeiro tanto do encontro, posiblemente un pequeno despiste dos locais xa que os primeiros minutos mostraronse algo desorientados. Pero os pastoricenses souperon respostar ben, xa que pouco despois vai a chegar o primeiro tanto, obra de Iván Seco, e máis tarde unha clara ocasión de gol, un penalti a favor do cal non obtiveron ningun tanto. Finaliza esta primeira parte cun empate no marcador (1-1).
Xa a volta do descanso, os locais sairon moi motivados e con ganas de ganar o derbi, e así o fixeron. Nesta segunda parte dominaron o xogo os pastoricenses e de feito conseguiron anotar outros dous tanto, un de Iván Seco e o outro de Jony. De aquí aoa remate os do pol non tiveron case ocasións de gol e polo tanto non anotaron ningún outro tanto. O partido finalizou cun 3-1, victoria dos locais.
Alineación: Alberto Rois, Diego Castro, Jose Ángel, Diego, Rubén, Cagullo, Jose Alberto, Canuto, Dani, Morán e Ivan Seco. Tamén xogaron: Adrián, Guti, Jacobo, Jony e Javi
No hay comentarios:
Publicar un comentario