O Pastoricense xuvenís volve a senda da victorica despois de dúas derrotas consecutivas. Un partico no que os nosos dominaron durante case todo o encontro tendo multitude de ocasións.
Na primeira parte despúxose de varias ocasións, pero foi Morán quen abriu a lata logo dunha falta ensaida. Logo máis tarde de novo Morán puxo o 2-0 no marcador e Martín cun bon gol dende fóra da área puxo o 3-0, e así se foi ao descanso.
Xa na segunda parte Iván Seco puxo o 4-0, pero os visitantes viñeronse arriba e deron logrado o 4-2 no marcador, a falta de 10 minutos para o final, pero o pastoricense aguantou ben e foise cunha merecida vitoria do campo do San Ciprián.
Alineacion: Rois; Mandarino, Iago, Diego, Jose; Dani, Adrian, Canuto, Martín; Iván e Morán. Tamén xogaron Rubén, Varela, Joni, Javi e Jose Alberto
Próxima xornada: Pastoricense - Pontenova
ESPERÁMOSVOS!