sábado, 24 de octubre de 2009

XUVENÍS: U.D. PASTORICENSE 1 - FOZ 3

Nova derrota dos xuvines do pastoricense. Bon partido vivido no estadio de O Acebreiro, no que os xuvenis do pastoricense non mereceron a derrota.

Na primeira parte o Foz dominou o xogo, pero a boa defensa do pastoricense aguantou ao Foz, ainda que o Pastoricense dispuxo de varias ocasións para abrir o marcador, pero foi o Foz que se puxo por diante no marcador, cun gol infortuito despois dun emburullo dun balón sacado de corner.

Logo xa na segunda parte o pastoricense veuse arriba, e deu empatado o partido cun gol de corner de Diego, que segue coa súa boa racha nos balóns sacados dende o curruncho. Nesta segunda parte os locais mantiveron durante case todo o tempo aos focenses no seu campo, sendo o claro dominador, pero foi o equipo visitante, quen aos quince minutos do final, volveuse a adiantar, cun gol logo dunha falta non pitada polo árbitro. Despois xa os focenses sentenciaron o partido a poucos minutos do remate do partido cun bon gol, despois dunha xogada dun dos seus mellores xogadores.

Alineacion: Rois; Mandarino, Cagullo, Diego, Jose; Dani, Adrian, Canuto, Martín; Iván e Morán. Tamén xogaron Jacobo, Iago e Rubén

Próxima xornada: San Ciprián - Pastoricense

jueves, 22 de octubre de 2009

domingo, 18 de octubre de 2009

Xuvenís: Lourenzá 3 - U.D. Pastoricense 2


Este pasado sábado o equipo xuvenil da U.D. Pastoricense desprazouse ata a mariña central, concretamente a Lourenzá. Tralo bo camiño que estaba a seguir a ud pastoricense encontrouse coa primeira derrota de liga ante o Lourenzá.

Aos 10 minutos de partido aparece o primeiro tanto por parte do equipo visitante, obra de Adrián, pero xa sobre o minuto 20 aparece o primeiro tanto do lourenzá. Máis tarde xa polo minuto 30 de novo Adrián proclamase autor do segundo gol, e con este 1-2 chegaría o final dos primeiros 45 min.

Xa de novo no terreo. O lourenzá sae con forza e consegue un tanto, o que supuxo un empate. A segunda parte estivo máis igualada e os dous equipos loitaban por unha victoria, pero a pesar de que o pastoricense o intentou, finalmente o lourenzá consegue un terceiro tanto , co cal se vai achegando o final do encontro, sen ningún tantol máis.

Aliniación: Rois, Diego Castro, Iago , Diego, Jose Ángel, Dani, Canuto, Adrián, Martín, Iván Seco, Morán.Tamén xogaron: Cagullo, Rubén, Jony, Guti

Próxima xornada: U.D. Pastoricense - Foz

jueves, 15 de octubre de 2009

UBICACIÓN

A U.D. Pastoricense encontrase na parroquia de A Pastoriza, capital do concello de A Pastoriza, pertencente a comarca da Terra Chá na provincia de Lugo.


Ver mapa más grande

martes, 13 de octubre de 2009

HEMEROTECA

Aquí poderás encontrar artigos de diferentes xornais e páxinas web, nos que sairon diferentes noticias dia U.D. Pastoricense. Se encontras algún artigo, comunicanolo a través dun comentario, na parte inferior.




Un novo ano para o Pastoricense Data: 05/09/2009

O Meira ganalle o derbi ao Pastoricense Data: 23/12/2008

Entrevista ao mister Iago, e o plantel Data: 24/03/2009

Cea anual da U.D. Pastoricense Data: 18/01/2009

A mocidade toma A Pastoriza Data: 05/09/2008

Inauguración do campo Data: 06/10/2009

A U.D. Pastoricense recupera o equipo xuvenil
Data: 16/09/2008

Pastoricense, Pol e Sacido invictos Data: 09/10/2009

Xuvenís Pastoricense manteñen o ritmo do líder Data: 25/09/2009

Inauguración O Acebreiro "El Progreso" Data 05/10/2009

Inauguración campo novo Data: 04/10/2009

CLASIFICACIÓN 2ª REXIONAL GRUPO 6º

Se por algún fallo a clasificación está descolocada ou algo parecido, volva a entrar na entrada.



RESULTADOS 2ª REXIONAL GRUPO 6º

Xuvenís: Pastoricense 6 - Cospeito 0

Os xuvenis da ud pastoricense lograron este fin de semana no campo do Acebreiro unha cómoda victoria ante un Cospeito que aguantou ben durante os primeiros 45 minutos.

Na primeira parte despúxose de varias oportunidades por parte dos dous equipos para abrir o marcador, pero foi o pastoricense o que abriu a lata cun gol de Diego Castro (Mandarino), logo chegou o segundo gol obra de Iván Seco, e así cun 2-0 no marcador rematou a primeira parte.
Xa na segunda parte o pastoricense dominou o encontro e sentenciouno con catro goles de Martin.

Alineacion: Rois; Mandarino, Iago, Diego, Jose; Dani, Adrian, Canuto, Jacobo; Iván e Martín

Próxima xornada: Lourenzá - Pastoricense