Nova derrota dos xuvines do pastoricense. Bon partido vivido no estadio de O Acebreiro, no que os xuvenis do pastoricense non mereceron a derrota.
Na primeira parte o Foz dominou o xogo, pero a boa defensa do pastoricense aguantou ao Foz, ainda que o Pastoricense dispuxo de varias ocasións para abrir o marcador, pero foi o Foz que se puxo por diante no marcador, cun gol infortuito despois dun emburullo dun balón sacado de corner.
Logo xa na segunda parte o pastoricense veuse arriba, e deu empatado o partido cun gol de corner de Diego, que segue coa súa boa racha nos balóns sacados dende o curruncho. Nesta segunda parte os locais mantiveron durante case todo o tempo aos focenses no seu campo, sendo o claro dominador, pero foi o equipo visitante, quen aos quince minutos do final, volveuse a adiantar, cun gol logo dunha falta non pitada polo árbitro. Despois xa os focenses sentenciaron o partido a poucos minutos do remate do partido cun bon gol, despois dunha xogada dun dos seus mellores xogadores.
Alineacion: Rois; Mandarino, Cagullo, Diego, Jose; Dani, Adrian, Canuto, Martín; Iván e Morán. Tamén xogaron Jacobo, Iago e Rubén
Próxima xornada: San Ciprián - Pastoricense
No hay comentarios:
Publicar un comentario