martes, 13 de octubre de 2009

Xuvenís: Pastoricense 6 - Cospeito 0

Os xuvenis da ud pastoricense lograron este fin de semana no campo do Acebreiro unha cómoda victoria ante un Cospeito que aguantou ben durante os primeiros 45 minutos.

Na primeira parte despúxose de varias oportunidades por parte dos dous equipos para abrir o marcador, pero foi o pastoricense o que abriu a lata cun gol de Diego Castro (Mandarino), logo chegou o segundo gol obra de Iván Seco, e así cun 2-0 no marcador rematou a primeira parte.
Xa na segunda parte o pastoricense dominou o encontro e sentenciouno con catro goles de Martin.

Alineacion: Rois; Mandarino, Iago, Diego, Jose; Dani, Adrian, Canuto, Jacobo; Iván e Martín

Próxima xornada: Lourenzá - Pastoricense

No hay comentarios: