Este pasado sábado o equipo xuvenil da U.D. Pastoricense desprazouse ata a mariña central, concretamente a Lourenzá. Tralo bo camiño que estaba a seguir a ud pastoricense encontrouse coa primeira derrota de liga ante o Lourenzá.
Aos 10 minutos de partido aparece o primeiro tanto por parte do equipo visitante, obra de Adrián, pero xa sobre o minuto 20 aparece o primeiro tanto do lourenzá. Máis tarde xa polo minuto 30 de novo Adrián proclamase autor do segundo gol, e con este 1-2 chegaría o final dos primeiros 45 min.
Xa de novo no terreo. O lourenzá sae con forza e consegue un tanto, o que supuxo un empate. A segunda parte estivo máis igualada e os dous equipos loitaban por unha victoria, pero a pesar de que o pastoricense o intentou, finalmente o lourenzá consegue un terceiro tanto , co cal se vai achegando o final do encontro, sen ningún tantol máis.
Aliniación: Rois, Diego Castro, Iago , Diego, Jose Ángel, Dani, Canuto, Adrián, Martín, Iván Seco, Morán.Tamén xogaron: Cagullo, Rubén, Jony, Guti
Próxima xornada: U.D. Pastoricense - Foz
No hay comentarios:
Publicar un comentario